Películas para un 1 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o pai de todos os domingos, aínda que sexa venres. Se chegachedes ata aquí benvidas/os ao sofá! Se seguides de festa pois procastinade isto para o día 2.

Nada, unhas cantas pelis de recomendación para este día festivo:

from_beijing_with_love3 

From Beijing With Love
Un clásico do humorista hongkonés Stephen Chow, máis coñecido no noso país por Saholing Soccer e Kungfusión. From Beijing with Love conta a historia dun incompetente axente secreto xa retirado, Ling ling Qi, que é encomendado nunha última misión: recuperar o único fósil dun dinosaurio de China.

Aínda que anterior aos seus maiores éxitos, nesta película xa se empezan a vislumbrar os elementos que definen o cine de Chow. Unha película cunha liña argumental e desenvolvemento claros, pero aderezada con dosis de humor absurdo, que a diferenza doutro tipo de comedia, non se presenta como gags illados, senón como parte mesma da trama. Se o realismo máxico é a combinación do sobrenatural coa realidade mundana da vida, Stephen Chow é o mestre do realismo absurdo.

AP_Pixels_ml_150724_16x9_992Pixels

Chris Columbus dirixe esta peli a medio camiño entre o humor facilón americano de sofá, na liña do stand by mental, e o frikismo melancólico.

Esta película non sorprende para nada a nivel argumento, a nivel guión, nos diálogos. Nada. Cero. Quizás sería mellor ter visto Resacón en las Vegas, 1, 2 ou todas. Pero nacerá en ti unha incríble necesidade de volver a xogar a Q*Bert, porque disto vai a peli, de repasar a historia do videoxogo de recreativa e dos primeiros tempos post Atari. E sobre todo de rebuscar xogos que nin lembrabas… Sería peor se todo comezase co Tetris, así que por iso é recomendable. Se descoñecedes o mundo “viejuno” dos xogos clásicos… irrelevante.

 

inside outInside Out

A de Pixar. E Disney. A de Disney e Pixar. Atá aquí todo ben, todo esperable, mais esta película ten un algo inexplicable. Dende a investigación sobre o cerebro humano que tiveron que facer para construír este argumento e o universo animado que xira en torno a el ata unha serie de verdades coma puños perfectamente recoñecibles na vida de todas/os nós. A destacar unha peli para nenas/os que acaba sendo necesaria para calquera adulta/o, e unha aprendizaxe que xa tiñamos olvidada con tanta febre happiness.

 

whiplastWhiplast

Peliculera, peliculaza a evitar se non che gusta a música. Escrita e dirixida por Damien Chazelle e protagonizada por Miles Teller no papel dun baterista de jazz e a súa historia, coa música, co éxito e o sacrificio.

Primeira película “seria” do listado, aínda que o humor absurdo é algo muy serio. É unha historia demasiado real ás veces, pero que compensa co repaso musical que se fai dentro da mesma, presente e protagonista aínda que sen sacar protagonismo ao argumento principal, como pode suceder con outras historias de corte musical.

 

Lincoln-Pelicula-2Lincoln

Americana fina, si, aceptamos barco. Larga, tamén, e mellor vela en versión orixinal. Vale. Ata aquí soa todo a pesadelo. Pero é que é de Steven Spielberg, así que non pode saír mal.

Daniel Day-Lewis no papel da súa vida, dándolle a esta personaxe histórica máis do que esperábamos, rodeado dunha vida contextual que supoñemos que ten moito de realidade e un pouco tamén de morbo made in USA como pasa na peli de Jobs (que ao final eran tendencialmente maliños coa súa family).

O interesante da peli, tras ser comentada internamente, parécenos ese contexto histórico e social e o que realmente pasa máis alá de Lincoln sendo un tipo alto e carismático. Recomendable para saber máis de como funcionaba e funciona esa política anglosaxona que tanto lle gusta a Albert Rivera.

E senón pois tendes ao lado “Lincoln cazavampiros”, se ben esa aínda non a catamos, pero podería ser unha boa opción.

 

ZHANG-YIMOU-casa-dagas-voladorasLa casa de las dagas voladoras

A película vai de estar atenta/o, porque senón chega un momento que non sabes quen ven sendo quen. E dentro de este lío, pois clásico moderno da épica oriental, con loitas coreográficas e escenarios incribles. Isto é… unha fotografía que te deixa tonta/o.

En si a película está ambientada nos tempos dunha dinastía chinesa ameazada por exércitos rebeldes, nos que a Casa das dagas é o inimigo a bater, cun líder aínda descoñecido.

Banda sonora nada despreciable e quizais un exceso de historia de amor paralela, que ao final acaba sendo principal. A definición global é “bonita”, así, sen menos nin máis, bonita chegando a preciosa

 

O que quedou fóra da lista son outros grandes e heteroxéneos títulos como Drive, Dancing in the Dark, Esta casa es una ruína, Goodbye Lenin o un bo maratón de Flight of the conchords…. demasiado onde elixir…

Feliz 2016!