E de repente… dous anos!

FotoTilSabedes iso de que a confianza da asco? En moitas ocasións é verdade, e noutras moitas non é asco, se non moito aforro de tempo.

Aforro de tempo no sentido de que non fai falla que me digas máis de dúas palabras para que saiba o que pensas realmente.

Isto é o que pasa en Til Diacrítico, despois de dous anos intensos, mooooi intensos.

Eu xa coñecía a Susana (non no ámbito laboral, pero a coñecía ;-)), pero non era o caso con Lorena. A ela a coñecín un día de choiva aparecendo co seu vestido con pantalón tan característicos dela, pero ao final o resultado é o mesmo, sabemos perfectamente o que as outras opinan ou o que queren dicir con determinadas frases, e iso fai que todo sexa máis cómodo, rápido e divertido nalgúns casos.

Sabemos de sobra que un “mola moito” de Lorena quere dicir, “facede o que queirades, pero eu paso dese tema”. Que cando Susana saca determinados temas a debate e queda calada mirándonos fixamente, é porque espera que nós lle deamos esa resposta que ela xa coñece. Tamén sabemos que unha reunión interna de Til nunca, nunca xamais, vai a durar menos de 2 horas. Podemos estar ata as 11 da noite falando e falando e decidindo sen que nos deamos conta da hora que é (é o que ten que polo medio nos contemos as novas persoais e non nos cortemos en dicirlle o que pensamos ás outras sobre determinados temas).

Isto todo sucede pola confianza que da pasar 2 anos case as 24hrs do día xuntas (agora menos, Lore botámoste en falta na ofi!!), pola responsabilidade de que se unha non fai o que ten que facer prexudica ás outras, e polo cariño e responsabilidade que cada unha de nós ten nas outras dúas.

Estou segura de que tamén hai frases miñas que elas saben o que significan sen dicir esas palabras, pero iso xa llo teredes que preguntar a elas.